A Reserva da Biosfera Terras do Miño ten unha programación trimestral de actividades que se levan a cabo, fundamentalmente, no Centro de Interpretación Terras do Miño no concello de Lugo.
Co obxectivo de deslocalizar estas actividades nos 25 concellos restantes da Reserva da Biosfera, nas reunións do Órgano de Participación e Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño celebradas o pasado 19 de decembro de 2017, acordouse a apertura dun prazo para que os concellos, entidades e asociacións da Reserva da Biosfera poidan presentar as propostas de actividades para realizar unha (1) en cada un dos 25 concellos da Reserva da Biosfera que se animen a participar nesta iniciativa, durante o ano 2018.
Dito prazo remata o vindeiro mércores 31 de xaneiro de 2018, e as propostas deberán ser remitidas a este correo electrónico. Para orientarlles sobre o tipo de actividades que se poden solicitar, achegamos xunto con este correo as programacións trimestrais do Centro de Interpretación Terras do Miño do ano 2017.
Estas iniciativas ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta e que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva. É a nosa intención seguir promovendo iniciativas como esta, que, ademais de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental desta Reserva da Biosfera.
Esperamos que a iniciativa resulte do seu interese e animámoslle a participar.
Saúdos,
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Servizo de Medio Ambiente
Deputación de Lugo
Santo Domingo 6-8, 5º andar
27001 – Lugo
Tfno: 982 227 812
Deixa unha resposta