BREVE RESUMO

Sessão da IX Geminação – Hermanamiento – Irmandamento

dos Castro Verdes da Península Ibérica

Castro Verde, 7/9 de Abril de 2017

Nesta fin de semana tivo lugar o encontro dos Castro Verde da P. Ibérica, realizando o programa que estaba previsto.

O día 7 de abril, venres ou sexta feira, fomos recibidos ás 19:00 h. polo Sr. Presidente da Câmara, Don Francisco Caldeira Duarte, a súa Sra. Natércia e Miguel Rego. Que amosaron ás persoas que non coñecían a Câmara Municipal, falando de varios aspectos, sobre os paxaros e aves do concello e de como se conforma a representación da Câmara de Castro Verde, entre outros aspectos.

O día 8 de abril, sabado, tivo lugar a Sesión Solemne no Fórum Municipal ao que asistiron as representacións dos Municipios de Castro Verde de Zamora e de Lugo, á parte das palabras dos representantes puidemos visionar un vídeo que nos falaba da interrelación do asociacionismo en Castro Verde do Alentejo entre os máis vellos e os máis novos, COM A MEMÓRIA NA RIMA de Tiago Pereira, un filme moito interesante para conmemorar os 40 anos do 25 de abril. Data sempre presente en Portugal, e sobre todo no Alentejo e concretamente en Castro Verde.

A seguir visita à Cooperativa Cortiçol e à Biblioteca Municipal. Non imos falar aquí nin da cantidade de fondos nin da importancia que ten, tanto a música como a lectura, para este Castro Verde do sur.

Pasando da Cultura á economía, visita à Associação de Agricultores do Campo Branco, onde o Sr. José, presidente da asociación, falou da mesma e da súa importancia para toda a comarca de Castro Verde. Fundamentalmente do gando ovino, das dificulatades de comercialización e dos problemas do mercado, alimentación, etc.

Pola tarde. Visita ao Centro de Educação Ambiental onde á parte de visionar un vídeo das aves e paxaros de Castro Verde, logo puidemos ver a cantidade de paxaros que hai en Castro Verde, e sobre todo da avetarda, que algúns conseguimos ver por medio de prismáticos e telescopio. Ave protexida e que ten unha grande importancia nesta terra, dando lugar a un turismo arredor das aves e do traballo que se realizou e realiza neste centro. Co esta ave e outras características ambienteis, Castro Verde está para entrar na Reserva da Biosfera. Xa podíamos nós aprender algo, que si formamos parte da Reserva Terras do Miño, mais respetamos pouco ou nada e que podemos perder esa e outras características, de seguir polos derroteiros que levamos.

Seguidamente, visita ao Museu da Ruralidade de Entradas, unha das freguesias (“parroquias”) de Castro Verde, onde se recollen todos os apeiros de labranza que se empregaron na agricultrua desta zona, desde tempos inmemoriais ata os días máis recentes.

Despois, Visita á Herdade das Fontes Bárbara con explicacións das variedades de viños e a proba dos mesmos.

Logo da cea, participación no espectáculo de Terras sem Sombra, dentro dun Festival de Música e biodiversidade das máis importantes ou único no mundo, nesta ocasión coa ópera de intérpretes de Hungría.

O domingo, día 9 de abril. Visita ao Centro de Ideas e negocios, un centro moi interesante ao servizo das persoas mozas para que teñan un lugar e que, con pouco custo, poidan poñer a andar a súas ideas empresariais.

Logo, visitamos un centro para maiores (Lar para idosos) cunhas instalación envexables, cunha atención, espazo, luminosidade envexables.

Visita exterior á mina de cobre, que traballan nela unhas mil persoas de Castro Verde, o que é unha riqueza muito importante para este concello.

Para rematar a mañá; Visita a outro museo relacionado co rural, na aldea de Lombador, da Freguesia de Santa Bárbara de Padrões. Un centro de interpretación do traballo das tecedeiras e tecedores. (Núcleo da Tecelagem)

Despois do xantar, canto de fado, dunha señora, probablemente sen escola, que é digna de escoitar. Intevencións de varios persoeiros, do Festival co remate do Presidente da Câmara, Don Francisco Caldeira con referencias á necesidade da interrelación dos pobos, con intercambios da cultura e economía e que favorenzan a convivencia e con alusións ao Festival de Música – Terras sen Sombra e o encontro dos Castro Verdes da P. Ibérica.

Comentar que, á parte de loitar pola Reserva da Biosfera, en Castro Verde do Alentejo, tamén están para conseguir que o Camiño de Santiago pase e se sinalice polo concello deles, dúas características, á parte de outras que non unen e nos podían e debían unir máis.

Parabéns pola organización destes días, pola cantidade e calidade das visitas e interpretacións diversas.

Agradecer, desde aquí, a todas as persoas que durante estes días estiveron ensinándonos todo o que relatamos, e sempre amosándonos os diversos lugares, aspectos diversos e, despois nos facían e servían a comida.

Para que vexades outra visión, outro resumo moito mellor có meu, podedes visitar os seguintes enlaces:

http://www.cm-castroverde.pt/pt/noticias/3368/castroverdes-ibericos-reuniram-em-castro-verde-alentejo.aspx

http://festivalterrassemsombra.org/
Saúdos.

Manolo