O Xosé Val, (Valdi), socio de Amigos do Patrimonio, naceu en Castro Verde e agora anda polas terras de Sada. Parabéns amigo Valdi. Unha aperta.

http://elprogreso.galiciae.com/noticia/637996/gaitas-en-honor-valdi-nuevo-chairego-de-honra

Sábado 17 de Decembro de 2016 | Redacción

A clausura do acto de nomeamento de Xosé Val Díaz, ‘Valdi’, como Chairego de Honra na casa da cultura de Vilalba estivo amenizada pola actuación do gaiteiro Raúl Galego, quen, acompañado por Mini e Mero, tocou Entre rochas e penedo, chouteira do furacroios, unha peza que compuxo en homenaxe ao canteiro, autor da maioría dos monolitos do Paseo dos Soños de Vilalba e de numerosas obras sobre a memoria histórica.

A cerimonia serviu para conmemorar os 25 anos desta distinción, que se entregou por primeira vez en 1991 a Fiz Vergara Vilariño. O evento foi organizado por Xermolos e Irmandade Manuel María.