Xornada divulgativa sobre o Pedregal de Irimia
O xoves 22 de decembro, ADEGA organiza no Refectorio do Museo Provincial de Lugo ás 2 0horas a xornada “O valor do Pedregal de Irimia, iniciativas para a súa conservación".
Este foro de discusión, ao que pode acceder o público xeral, consistirá nunha mesa-coloquio na que se afondará na importancia da protección do Pedregal de Irimia, polo seu alto valor patrimonial tanto material como inmaterial, a súa relevancia paisaxística, turística e natural.
As diferentes intervencións irán encamiñadas a por en valor este enclave natural, berce do máis relevante dos ríos da nosa xeografía, o Pai Miño, analizando os riscos e ameazas que pairan sobre o mesmo.
Polo Pedregal como Monumento Natural
Así mesmo, presentaremos durante o transcurso da xornada oManifesto pola declaración do Pedregal de Irimia como Monumento Natural. Un manifesto impulsado por ADEGA, a través do cal se está a procurar numerosos apoios entre outras entidades, colectivos e persoas. De feito, durante a xornada haberá follas de sinaturas para asinar pola protección do Pedregal.
A través desta xornada e coa participación de gran parte das asociacións implicadas na defensa e posta en valor do Pedregal de Irimia, queremos buscar e propor novas vías para a súa protección e fomentar un debate construtivo e un intercambio de ideas na busca de fórmulas que permitan a persistencia deste importante espazo.
Un final de conto
A xornada estará amenizada polo artista Lois Pérez que a través da súa actuación “De pedras, augas e contos” achegará un punto de vista lúdico e humorístico a situación.
ADEGA promove esta xornada dentro da campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio” e conta co apoio e patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.
Deixa unha resposta