Conferencia Dr. Francisco Cantos Mengs.

Xoves 27/10/2016. 18:30 h

Salón de Actos da Escola Politécnica Superior (EPS). Lugo

Estimados amigos/as

A Escola Politécnica Superior (EPS) o Instituto Universitario de Biodiversidade Agrícola e Desenvolvemento Rural (IBADER) e a Deputación Provincial de Lugo organizan unha conferencia que impartirá Dr. Francisco Cantos Mengs, Xefe do Area de Relacións internacionais e Reservas da Biosfera (OAPN – Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente), e Secretario do Comité Español do Programa Home & Biosfera da UNESCO.

O título da conferencia é: Reservas da Biosfera como espazos para a sostenibilidade. O Programa MAB en España. A conferencia terá lugar o vindeiro xoves 27/10/2016 ás 18:30 h no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior (Campus Universitario. Lugo). Estades todos/as convidados a asistir e participar neste acto que se engloba dentro da celebración dos 25 Anos de estudos de enxeñaria forestal na Universidade de Santiago de Compostela

Un saúdo