BREVE RESUMO DA XXXIX – ROMAXE DE CRENTES GALEGAS/OS

MONTE SEIXO, CERDEDO (PONTEVEDRA)

SÁBADO, 1O DE SETEMBRO, 2016

Romeiros do Alén”

I.- Acollida

Comeza o acto coa interpretación, por parte de A Quenlla, do poema “Galicia” de Manuel María.

Continúan os Guieiros situando o Monte do Seixo na xeografía galega, coas incribles vistas, mais que nós non puidemos ollar por mor dunha mesta néboa que foi cubrindo todo durante a celebración e xantar, mágoa que desluciu o acto, mais a celebración continuou con alusións a diferentes Persoeiros Históricos da comarca, á febre de xuntar concellos para tapar a desestruturación e despoboamento da Nosa Terra.

1º Treito: Arriba os corazóns!

Alusións ás agresións ao monte do Seixo e continuando coas interpretacións da Quenlla de diversos autores, desde Rosalía de Castro, pasando por Luís Seoane.

2º Treito: A Santa Compaña.

Alusións a persoeiros históricos da Comarca. Capitán Gosende, Padre Sarmento. Letras e música “Uah!” de Suso Vaamonde, Xoán de Requeixo, Bernardino Graña interpretados pola Quenlla.

3º Treito: Renazamos Galegos

Alusión a Pepe Chao Rego, interpretación do Credo Galego, alusión aos que nos deixaron este ano e, mais concretamente, ao noso socio e Vicepresidente Manolo Gómez que, desde que coñezou a Romaxe asistiu sempre que puido.

Celebración da PALABRA, CANTO DO NOSO PAI, FIADEIRO EUCARÍSTICO ( Pepe Chao)

4º Treito: Romeiros do Alén.

Interpretación de “O Carro”. Alusións a todos os oficios da comarca, lavandeiras, canteiros, fiadeiras, etc.

Romeiros do Alén, consonte a tradición celta, atraversar a porta do outro Mundo. Faise un túnel tecido coas mans dunhas dez parellas e os romeiros pasan e depositan pedras traídas de distintos lugares de Galiza para depositar no milladoiro do monte Seixo.

Desexos para O BERRRO SECO.

Sobe ao palco a filla e o neto de Alexendre Bóveda, xunto con Mero fan o Berro Seco, un momento moi fermoso onde Xabi Blanco, lembra ao mártir Alexandre Bóveda e a todos os mártires da Nosa Terra.

ENTREGA DO RAMO. Para o vindeiro ano será en Beade, Vigo,

Para rematar a celebración pónselle letra á MARCHA DO ANTIGO REINO da GALIZA.

Pola tarde, de volta, breve visita á Vila do Carballiño.

Saúde, Tera e Lingua.