Reserva da Biosfera Terras do Miño

Os Campus Vivenciais de Emprendemento

O vindeiro luns 22 de febreiro de 2016 organizaremos a visita ás empresas que participaron no Campus de Emprendemento Sostible celebrado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, dirixida a alcaldes, concelleiros e técnicos.

Os Campus Vivenciais de Emprendemento Sostible nacen como un proxecto formativo en materia de creación de empresas con conciencia medioambiental, nunha contorna caracterizada pola riqueza e oportunidades que ofrece o territorio.

O planning da visita é o seguinte:

9.30 h – Recepción de visitantes no Centro de Interpretación Terras do Miño (Paseo do Río Rato s/n 27002 – Lugo)

Presentación da xornada e breve descrición do campus e presentación de resultados

10.30 h – Saída para Casa da Fraga – Artesanía en madeira (Xermade)

11.30 h – Visita a Casa da Fraga. Pequeno almorzo

13.00 h – Visita a Pepa Lombao – Olería (Bonxe)

14.30 h – Comida en Casa Reboreda (Outeiro de Rei)

16.00 h – Visita Idoia Cuesta – Cestería contemporánea (Outeiro de Rei)

17.30 h – Visita a Xaneco – Obradoiro de instrumentos musicais (Outeiro de Rei).

18.30 h – Regreso ao Centro de Interpretación Terras do Miño

Dado que as prazas son limitadas para esta actividade gratuíta e cubriranse por rigoroso orde de inscrición, para unha mellor organización da actividade, pregamos confirmen a súa asistencia no enderezo electrónico terrasdomino ou no teléfono 982227812.

Agardamos que esta iniciativa sexa do seu interese.

Reserva da Biosfera Terras do Miño

Deputación de Lugo

Venda directa dos productos

Informámosvos que a xornada informativa e de debate sobre a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final celebrarase o próximo xoves 25 de febreiro de 2016 de 18:00 a 20:30 h na Casa das Ínsuas en Rábade (rúa José Pardo y Pardo Montenegro nº 27), co obxectivo de expoñer o impacto que esta normativa supón na comercialización actual de produtos agroalimentarios tanto en festas como en establecementos locais.

Nesta xornada realizarase un análise e debate do Decreto 125/2014 sobre a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final, que xera inquietude entre todos os eidos. Trátase de xerar un punto de encontro, onde se poida debater e xerar ideas de como implementalo de xeito que beneficie a todo o mundo, ao consumidor e ao produtor.

Os poñentes da xornada serán os seguintes:

– D. Antonio Ventura Figueroa Paz en representación da Asociación Terras de Lugo.

– Dª. Isabel Vilalba Seivane en representación do Sindicato Labrego Galego.

– D. Xosé Ramón Rodríguez Iglesias, produtor e xerente dunha explotación agropecuaria.

– Representante da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Para unha mellor organización da actividade, rogamos confirmen a súa asistencia no enderezo electrónico terrasdomino ou no teléfono 982227812.

Agardamos que esta iniciativa sexa do voso interese.

Reserva da Biosfera Terras do Miño

Deputación de Lugo