BREVE RESUMO DA XXXVIII ROMAXE

PENAS DE RODAS

“Desorballando soños”

Neste sábado, día 12 de setembro, tivo lugar o encontro anual que, xa vai pola trinta e oito Romaxe Irimega, o acto desenvolveuse en Pena e Rodas e Campo de Santa Sabela de Outeiro de Rei.

O encontro tivo, como vén sendo habitual, as seguintes partes que xiraron arredor de.

I.- O Lugar que nos acolle, onde se nos explica algo da historia do lugar, rematando coa poesía “Penélope” ( Xosé Mª Díaz Castro) interpretada pola Quenlla.

II.- Aprendendodas nosas lendas.

III.- Escointando a palabra de Deus: confesión de autenticidade e confianza.

IV.- Compartindo o pan e o viño, onde Xesús se nos regala.

V.- Entrega do Ramo.

Onde se anuncia a vindeira Romaxe, que para o vindeiro ano 2016 será no monte do Seixo – Cotobade, promovido polo grupo Capitán Gosende.

VI.- Despedida: Himno Galego.

Pola tarde:

Festa coa actuación de A Quenlla en Pena de Rodas e seguidamente oración da tardiña no Campo de Santa Sablela.

Saúde, Tera e Lingua.

Manolo