Un ano máis, como ben sendo habitual, participamos na X Feira Artesá. Estivemos nos pendellos da feira con libros do noso Catro Verde e dos Castro Verdes da P. Ibérica, entre outros libros da provincia e de Galicia.

Asistimos ao pregón do nosa socia, fundadora e partícipe en directivas da Asociación, Ánxela Gracián, onde nos lembrou, diversos aspectos relacionados coa súa vida e procedencia, aludindo á fantasía de narrar valéndose das lembranzas que lle traían desde seus avós ata a Sra. Remedios da Casanova de Vilar. Referencia a varios aspectos da lingua e persoas da asociación desde o Sr. Baldomero Pestana, que foi socio da nosa asociación e falecido recentemente, a quen adicou unhas palabras de agradecemento e que nós aproveitamos desde aquí para lembralo a el a outras persoas da asociación que xa nos deixaron. Referencia a diversas persoas da asociación de amigos do patrimonio, con referencias ao Camiño Primitivo e ás parroquias do concello, agradecer desde aquí a súa intervención e a referencia que fixo á asociación. Á parte houbo actos varios; desfile de moda, actuación de Zuncurrundullo, charangas, actuación de Os sete Magníficos+1 e pechou os actos Mago Martín Camiña.

Saúde, Terra e Lingua.

Agosto 2015