Para que saiban os netos de onde vimos
¡Iso; para que o saiban, para que se decaten de cómo estaba España no ano 40, fai agora tres cuartos de século, séxase, despois da Guerra de ¿Liberación?! A ver se escarmentando na cabeza de seus avós evitan volver a ser “liberados”, purgados, esfameados!
Como lle dicían ao César aqueles romanos: “Cave ne cadas”. ¡Pois iso: coidado con caer, con decaer, con deixarse avasalar por eses ególatras que do Noso Pai só saben, e só exercen, ese anaco do, “Venga a nós!”
A crise da Guerra deunos azos para pasar da fusila á aixada, e volveu a rir a primavera, ¡daquela, si, pero…, a golpe de aixada! De momento venceron os caciques, pero o pobo estudou, reflexionou, revestiuse de dignidade…, e chegamos a ter Constitución! En España as crises son longas, que esa experiencia temos, mais, de presente, co que sabemos de economía e de técnica, ¿imos decaer, imos retroceder, deixarnos avasalar, novamente, polos caciques da quenda?
Agora é o momento, non de berrar, pero si de actuar, de empurrar, ¡Arriba España!, levantándoa entre todos, cada quen segundo as súas posibilidades e coñecementos, pero, ¡nunca, nunca máis!, deixarnos engaiolar por eses contistas do, “venga a nós”: ¡que veña, si, pero, para todos, baixo control, rematando, dunha vez para sempre, cos, “si bwana!
Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta