CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DAASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE

Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o vindeiro

día 21, febreiro , de 2015 ás 16:30 horas, e ás 17:00 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente, na Casa do Concello Vello de Castroverde, Travesía de Montecubeiro, nº 38 CP-27120-Castroverde.

Coa seguinte orde do día:

I.- Lectura da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria anterior e aprobación se procede.

II.- Proposta de modificación dos Estatutos Sociais e aprobación.

Achégase xunto a esta convocatoria a proposta de modificación dos Estatutos na que se mostran os artigos afectados segundo o acordo da reunión da Xunta Directiva de data 23 de xaneiro de 2015. Asemade poderanse consultar na páxina web da Asociación os documentos relacionados con esta proposta.

Asdo.: Xosé Yáñez Basanta Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro

( O secretario) ( O presidente)

Lugo, Castro Verde, a 2 de febreiro de 2015