LEI DE MONTES

Tan só quería deixar constancia de que a Lei de Montes inclúe dentro da súa relación de especies autóctonas do Anexo I (LISTAXE DE ESPECIES AUTÓCTONAS) algunas que non o son, como Pinus sylvestris ou Castanea x hybrida.

Por outra parte, non é de recibo que se identifique con todo un xénero que inclúe más dunha ducia de especies distribuídas por lugares moi diversos do hemisferio No que en Galicia chamamos bidueiro, abidueira, bíduo, etc. que se corresponde cunha única especie: Betula pubescens.

Tampouco é de recibo que a lei se invente nomes para as especies de árbores nativas do noso territorio:

– “Umeiro” para Ulmus glabra que, na maior parte dos sitios onde aparece en Galicia denomínase “lamagueiro” ou “lameiro”.

– “Sorbeira do monte” para Sorbus aria, árbore moi rara de atopar en Galicia que ten nos Ancares as poboacións máis abundantes; alí recibe o nome de “mostallo”, palabra da que deriva o nome que se lle da ao cumio máis alto desta serra na provincia de Lugo (Mostallar).

Para rematar, neste anexo figuran dúas denominación para a “aciñeira” (Quercus ilex L. ssp. ballota (Desf.) Samp. e Quercus rotundifolia Lam.) que son sinónimas. Moitas das outras especies que figuran en dito anexo tamén teñen sinónimos, pero curiosamente, non se indican; por iso, non se entende cales son os criterios que levaron a redactar dito anexo nos termos en que foi publicado.

Por todo o explicado, esta lei de montes, además de ter todas as eivas ambientais que se lle queiran achacar, constitúe, ademáis, un atentado nos planos lingüístico e botánico.

Antonio Rodríguez Guitián

Saúdos.

PLANTACIÓN DE EUCALIPTOS

-Que facer fronte ás plantacións ilegais de eucaliptos

https://cousaderaices.wordpress.com/2015/01/30/que-fazer-frente-as-plantacions-ilegais-de-eucaliptos/#more-332