Os mortos errantes
Aquí, nesta campa, estivo o cemiterio vello de San Cibrao.
Que non os confunda a cúpula, que non se trata do minarete dunha mesquita musulmá; foi idea do Cura don Benito Castro Piñeira, e feitura de Matías Fórneas López, que substituíron o lousado tomándose dunha vez por todas as molestias de montar unha estada para reparar o tellado. O que se lles esqueceu foi repoñer a cruz terminal.
Presididos polas campás, que tan sentimentalmente repicaban a morto, estivo, nesta campa, o cemiterio parroquial de Montecubeiro por causa e por culpa dunha Real Cédula de Carlos III (3 de Abril de 1787) que prohibiu os enterramentos intramuros…, salvo os de certos personaxes! No interior desta igrexa consérvase o pavimento de chantos, con un ou dous buratos, que se utilizaban para levantar a pedra naqueles enterramentos. Abortos, suicidas, e outras ánimas que se supoñían en pena, levábanse lonxe, concretamente ao Zarro Novo, no que é hoxe unha finca privada de Dorado; desapareceu a cruz pero alí mesmo ao lado temos un repetidor de telefónica, que non é igual pero…, disimula!
A finca do Freixo, actual cemiterio, adquiriuse co pánico…, ¡co pánico que tiveron algúns cando, ao corresponder renovar enterramentos onde estaban aqueles do 37, deron en recibirse anónimos terroríficos…, se se tocaban aqueles sepulcros!
Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta