Revista Galega de Teatro

Este xoves, 13 de novembro, a partir das 20.30 h. terá lugar no Refectorio do MPLugo a presentación dos números 79 e 80 da Revista Galega de Teatro, acto que contará ademais con lecturas dramatizadas e unha representación teatral. Organizan e colaboran no acto “Buxiganga”, proxecto teatral educativo, e o MPLugo. A entrada é de balde.

PROGRAMA DO ACTO
-Presentación do acto a cargo de Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
-Presentación da RGT a cargo do seu director, Antón Lamapereira.
-Lectura dramatizada dun fragmento do texto “Arelantes” de Wajdj Mouaward (traducido por Henrique Harguindey e publicado no nº 80 da RGT), a cargo de Rubén Pérez e Tareixa Campo.
-Intervención de Xosé Manuel Carballo, crego. Autor, director e fundador do Grupo de Teatro “Os Baluros”.
-Representación polo Grupo de Teatro “Os Baluros” do Epílogo de “Noite de Lobos” de Xosé Agrelo Hermo.

Enlaces de interese:
Cartel presentación RGT