Fuxida, baleirado, do campo.

Fuxida, baleirado, do campo, ou, do sector primario ao terciario. Demasiada xente no sector terciario, así que, de folgados, mal aconsellados! No secundario perfeccionamos, e, consecuentemente, exportamos; no terciario máis ben folgamos, ¡servizos!, así que o primeiro deles, o que primeiro se nos ocorre é…, ¡vivir sen traballar! ¿Qué é vivir sen traballar? ¡Facelo coa suor do de enfronte, pois a nosa, a nosa fronte, fai abondo con discorrer, desde a filosofía ás picardías!

¡Ai ditosas becas, canto dano fixestes por…, mal dadas! De entrada, a quen a merecese, con exclusión dos ricos, por suposto, pero tamén daqueles que se finxían pobres. Consecuentemente favorecer a quen fose capaz de inventar, de producir, de mellorar a produción.

Sabido é que a conta “B” se inventou nos cuarteis franquistas, ¡dou fe diso! ¿Por qué? ¡Porque estaban folgados! ¿Por qué subsistiu…, na democracia? Pois…, pola dexeneración das becas, que multiplicaron certas profesións, e cando houbo saturación, ¡como sabían defenderse…!

¿Pode unha familia gastar máis do que ingresa? ¡Evidentemente, non! ¡Pois un Estado, que vén a ser unha suma de familias, tampouco! ¿Receitas? Tres: Curas, para cura-la alma; Médicos, para curar os corpos; e Economistas, para sanear a Economía. Daquela, ¿a quén lle incumbe a Produción? ¡Aos mellores, aos Enxeñeiros! Pero o lamentable do caso é que o inventor das Becas só pensou na…, na demagoxia!

Xosé María Gómez Vilabella