Estimados Sres/as:
Informámoslles que mañá xoves, día 26 de xuño, ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño está prevista a inauguración da exposición fotográfica que leva por título: “Naturalmente Lugo”.
Dita exposición recolle as 90 fotografías presentadas ó concurso que se realizou o pasado mes de Outubro como parte das actividades paralelas ó Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza “El Viaje Polar”, celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).
O concurso fotográfico realizouse durante dous días consecutivos, nos que os participantes se desplazaron por diferentes espazos da ciudade de Lugo, os arredores do Centro de interpretación Terras do Miño no Paseo do Rio Rato e o Bosque da Fervenza. Todos estos espazos encadrados na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
A temática do concurso tivo como obxetivo: plasmar a beleza natural da ciudade de Lugo, o seu cinturón verde e o patrimonio natural da provincia.
A exposición permanecerá aberta ó público desde mañá, 26 de xuño ata o 7 de setembro, nos horarios habituais do do Centro de Interpretación.
Servicio de Medio Ambiente Y Energías Renovables.
Deputación de Lugo
Deixa unha resposta