 |
Hórreo de Berlán |
Neste sábado algo frío e húmido, á primeira hora da mañá que, ao longo do día foi mellorando, realizamos o percorrido por varios lugares da parroquia de Monte Cubeiro; a saber; Cubula/Cugula – Sarceda – Castelo – Foxo – A Valiña – A Veiga – Maxide – Berlán – O Escouredo- para voltar a San Cibrao. Nomes todos eles suxestivos e que nos remontan a épocas castrexas, visigóticas e / ou xermánicas e que non nos imos deter no seu significado porque teriamos para un pouco.
 |
Moisés na entrada de Maxide |
Salientar que a pesar dos desastres que puido causar a concentración parcelaria, conservan todos estes lugares fermosos recantos de bosque autóctono, desde bidueiras, castiñeiros, carballos, abeneiros, etc. Mágoa que aflore, sobre todo nalgunhas zonas, o eucaliptal.
Achegaremos algunha foto e poderedes ver máis no blog.
http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com/
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo
Deixa unha resposta