Informámoslles que o vindeiro xoves, 21 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar unha nova conferencia dentro da programación de actividades que se están a desenvolver no Centro de Interpretación Terras do Miño, no Paseo do Rato s/n.
Esta levará por título “CURIOSIDADES MICOLÓXICAS”, e será impartida por Don Julián Alonso Díaz, Licenciado en Veterinaria ,Doutor en Ciencias Biolóxicas e Presidente da “Sociedade Micolóxica Lucus” desde o ano 2001.
Nesta conferencia revísanse algúns dos aspectos máis abraiantes e fascinantes da ecoloxía e bioloxía dos fungos macromicetos (fungos que producen estruturas visibles que popularmente chamamos cogomelos). Cómo viven, de qué se alimentan, as incribles capacidades de desenvolvemento e tamaño que pode adquirir o seu corpo vexetativo (micelio), cómo se reproducen, as estratexias que utilizan para sobrevivir, as sorprendentes asociacións que realizan con outros seres vivos como plantas e insectos e a extraordinaria importancia ecolóxica que teñen nos ecosistemas converténdoos en seres imprescindibles para a existencia da vida tal e como la coñecemos.
Sen outro particular, e á espera de que esta información sexa da súa interese, reciba un cordial saúdo.
Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables
Deputación de Lugo
Deixa unha resposta