Bos días,

O vindeiro sábado día 9 de novembro O Concello de Castroverde celebrará como estes anos o MAGOSTO na Praza do Concello a partir das 19:00 horas.
Gustaríanos contar coa vosa colaboración como anos anteriores traendo castañas ou calquera outra aportación a maiores. As castañas deberán levarse á Panadería Agapito como último día o venres día 8, recomendase levalas xa anozcadas para que non estropeen o forno.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Adxúntovos o cartel do Magosto.
Un saúdo
Pili
Concelleira-Delegada de Cultura, Educación, Xuventude e Deporte