O Centro de Interpretación Terras do Miño ofrece actividades formativas e lúdicas para lucenses de todas as idades
Dentro desta programación gratuíta haberá actividades de todo tipo e para todos os gustos, tales coma conferencias, exposicións e obradoiros, dirixidas a públicos de todas as idades. En canto as conferencias, todas elas estarán a cargo de reputados expertos de prestixio, celebrarasne as seguintes:
9 de maio: Os bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, ofrecida polo Enxeñeiro de Montes Antonio Rigueiro Rodríguez, membro da Real Academia Galega de Ciencias
13 de xuño: Xestión de espazos naturais, impartida polo biólogo e Vicerreitor Adxunto de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago Pablo Ramil Rego
28 de xuño: Caracterización do vóo forestal no parque do río Rato, a cargo do Enxeñeiro Técnico Forestal Luis Fernández Reija.
Tamén están previstos obradoiros para adultos e nenos. En particular, estes son os dirixidos a adultos:
11 e 12 de maio: Curso de micoloxía, organizado en colaboración coa Asociación Micolóxica Lucus. Este curso inclúe unha saída de campo e exposición.
25 de maio: Botánica doméstica: prantas medicinais e prantas das nosas hortas e campos.
Tamén os máis novos contarán con actividades organizadas tendo en conta as súas idades e capacidades, de xeito que cada un deles poida obter o máximo rendemento e gozar dun tempo de ocio diferente:
2 e 3 de maio: A miña amiga a auga. Neste obradoiro os nenos aprenderán, con divertidas actividades, a importancia do ciclo do auga, así coma a racionalizar o uso da mesma e como afecta a contaminación ambiental á calidade do auga.
1 e 2 de xuño: Ruta etnográfica polo río Rato. Os rapaces aprenderán sobre diferentes aspectos medioambientais, culturais e etnográficos desta zona.
8 de xuño e 29 de xuño: Descubrimento da natureza. Neste obradoiro haberá xogos e traballos manuais.
22 e 23 de xuño: Aprendendo a reciclar. Os nenos participantes farán traballos con materiais de refugallo e xogos.
Outra das actividades programadas é a singular exposición Proxecto Land Art, organizada en colaboración coa Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón” e que se celebrará o vindeiro 30 de maio. Estas son só algunhas das posibilidades coas que os lucenses contarán para coñecer máis do medio natural da provincia en xeral, e das Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Ancares.
Os interesados en acudir a esta ou a calquera outra actividade, poden inscribirse a través de www.deputacionlugo.org. Estas actividades gratuítas celebraranse no Centro de Interpretación, que ademais amplía o seu horario operativo. Deste xeito, de luns a xoves, abrirá as súas portas de 9:30 a 14:30 horas; os venres, de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas. As fins de semana o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas os sábados e de 11:00
Deixa unha resposta