Presidente da Asociación “Amigos do Patrimonio de Castroverde”
QUERIDO AMIGO:
Aquí estou otra vez!!! desexo que a través desta misiva, facerche entrega dun agarimoso saúdo que o estenderás ao resto dos compañeiros da Asociación que presides. Como sabes, estiven pechada dentro dún caparazón e metinme nun buraco coma os cangrexos para apartarme un pouquiño de case todo, para vivir dalgún xeito, a necesidade de certa soedade pola perda de alguén tan importante como meu pai; agora, coas súas forzas e as que teño herdadas nos meus xenes por ámbolos dous proxenitores, dispóñome a seguir no mundo que me toca vivir, tentando ollar moi, moi dentro de min que é o que a vida desexa que faga para cumprir ese “cometido” que todos temos no noso plan de vida….. Como sabes tamén, perdín o meu traballo e imaxino que será tamén porque nese sentido tamén debo plantexarme novas historias que me enriquezan persoalmente e entregar a outros, noutro estadio, a miña experiencia, formación e ilusión por facer, deixar facer, aprender e transformar para mellorar sempre a nosa calidade de vida persoal que sempre sérá a máis importante…..
Gustaríame agradecer a todos e cada un dos integrantes da Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde, o fermoso agasallo e as agarimosas verbas que recibín na pintura que me destes. Tamén, que saibades que me encantaría seguir recibindo as vosas mensaxes e, dende logo, que estou aquí para o que precisedes dentro dás habilidades profesionais que coñecedes. Non esquezo que cando comenzates a aventura da vosa Asociación, sempre apoiei as vosas iniciativas, involucreime no que me pedistes e no suxerido polo Concello coa posta en escea dós actos protocolarios. Fíxeno coa convicción de que pasos como eses deberíamos telos por parte doutros moitos na sociedade na que nos desenvolvemos.
Unha agarimosa aperta e seguide adiante cos vosos proxectos; eu dende onde estea, estarei dándovos un empuxonciño, aínda que sexa mentalmente.
Bicos!!!
Doris López
Deixa unha resposta