MINI E MERO 
15 de outubro de 2011- Láncara

 Neste sábado, como xa temos comentado, estabamos para ir a Sarria coa Asociación Arcas, mais as circunstancias fixeron cambiar de actividade e en lugar de camiñar asistimos ao acto “Facer País”, cousa da que todos nos aledamos, porque a maioría coñecemos e simpatizamos con Mini e Mero desde hai moitos anos. Dicir que eu coñecinos, en Fuxan Os  Ventos, con “Galicia canta ao neno” e polo ano 1976-1977 cando eu facía bacharelato, acederon a facer un concerto para nós poder recaudar diñeiro para unha viaxe, logo cando cursaba os primeiros cursos de filoloxía realicei unha viaxe por Francia e Bélxica na súa  compaña xunto con outra persoas…. Logo de permitirme esta pequena lembranza, comentar que o acto comenzou na Casa do Concello de  Láncara na Póboa , onde Mini e Mero foron recibidos polo Sr. Alcalde, D. Eladio Capón e, logo dunhas breves palabras, asinaron no libro do Concello.
Desde a Póboa fomos á Casa de Turismo Rural, onde o seu dono, Carlos, nos agasallou xenerosamente, a quen agradecemos desde aquí a súa amabilidade.
Logo na ponte Carracedo, breves palabras de agradecemento e referencia á obra de ámbolos autores por parte dos representantes do Concello e Asoc. Val de Láncara, guiando o acto Xurxo Souto.
A seguir ao pé da Antiga Casa Consitorial interviron membros da Asociación Val de Láncara, onde deron conta da elección dos propostos; Mini e Mero, para esta X edición de “Facer País”, seguiron as semblanzas de David Otero e entrega do Premio por parte do Sr. Presidene da RAG, D. Xosé Luís Méndez Ferrín, para rematar coas emotivas palabras de ámbolos dous, cun profundo sentimento sobre A Nosa Terra, Cultura, Música, Lingua e con referncias sempre a un profundo amor fraternal e con miras amplas cara o futuro.
Rematando os gaiteiros do Inicio que nos acompañaron ao longo de toda a xornada.
Dicir que estiveron no acto representantes da RAG, escrtirores; músicos-canta-autores; políticos en activo e retirados da política e reprsenantantes da Área de Cultura da Deputación de Lugo, só por referirnos ás Institucións, entre os centos de  asistentes..


Saúde, Terra e Lingua, nunca mellor dito, amigos Mini e Mero.

Manolo Muñiz