X.Manuel Pol, nos cincuenta, era paracaidista do Exército do Aire

Un aventureiro paracaidista que saltou á gran pantalla

Pol conserva a súa paixón pola historia e organiza o baile dominical do Corgo
Autor: Laura lópez. Localidade: Lugo / A Voz
Data de publicación: 9/2/2011
A vida de José Manuel Pol daría para escribir un libro. Ou unha enciclopedia enteira. A súa non é unha, senón varias vidas. Leva con el mil historias e experiencias que comparte como un libro aberto. Este aventureiro, natural de Castroverde, aínda que fincado en Adai (O Corgo), foi paracaidista, taxista, caseiro na residencia do xeneral Tella, actor na pequena e na gran pantalla, e agora compaxina a súa paixón pola historia co baile que cada domingo prepara no centro sociocultural do Corgo.