BREVE RESUMO CHARLA-CONFERENCIA DE ÁNXELA GRACIÁN
DIA 2 DE FEBREIRO DE 2011. 

No día de hoxe, día 2 de febreiro de 2011, tivo lugar o encontro da nosa veciña e escritora, Ánxela Gracián. Veciña do lugar de Gracián, de aí o nome, da parroquia de San Paio. Disertou e, pensamos que, deleitou a pequenos e grandes, impartindo dúas charlas, unha ás 12.35 h. para o alumnado de 1º e 2º de ESO e outra para alumnado de 5º e 6º de primaria ás 15:00 h.
Comenzou falándolles da importancia e influencia que exerceran seus avós e seus pais, á hora de escribir, sendo varios dos libros unha homenaxe aos mesmos, en especial a (Guillerme e Anuncia, os seus avós)  e, ao  mesmo tempo protagonistas dos seus relatos, como pode ser no libro de Carrapeto, mais non só hai homenaxe á súa familia, senón tamén á algunha das súas profesoras, (Beatriz Ferreiro), que influiu na súa formación, porque, en palabras da autora, naquel EXB deslabazado por mor do proceso de  concentración das escolas rurais, nun centro escolar e aínda que tivo moitas profesoras moi boas, ela poñía ao “dispor dos seus alumnos tanto cariño, tanto amor ao traballo ben feito e tanto esforzo e entrega, día a día, que nunca poderá esquecer que fundamentalmente, só as cousas que se fan con amor, saen verdadeiramente ben”.
Nos seus libros hai, por outra parte, lendas, paisaxe, natureza do seu val do río Chamoso ao seu paso por Gracián e lugares,  entre os montes de Bidueiros e a do Penedo Redondo, porque tanto lles falaba do Forno da Vella coma de Soutomerille, lugares da súa contorna.
Non podemos resumir aquí todo, nin se trata diso, mais hai alusións ás lendas; de mouros, sereas, mais tamén alusións aos primeiros amores, ás pelexas e desavinzas dos máis pequenos e toda unha apredizaxe que temos que realizar desde moi noviños todos os seres humanos.  Comentaba algún dos maiores presentes na charla-conferencia, “fixéchesme lembrar a miña infancia” e, tiña razón. 
Finalmente, sobre todo, o alumnado de 5º e 6º de primaria, que demostraron ter coñecemento de varios dos seus libros e non só de Carrapeto ou Pinga de choiva, non se fartaban de facerlle preguntas do tipo:
-De cómo comezou a escribir? – Sobre a historia do (paxaro), o peto, – libro que máis lle gustou dos que escribira, – se seguía a escribir, etc., etc.
Por último, fomos visitar a aula que leva o seu nome, unha fermosa homenaxe que o CPI lle rende a Ánxela, que ben o merece, xa que á parte de ser de Castroverde, foi alumna do centro.

Saúde e longa vida. Manolo M.