O proxecto de cooperación interterritorial “Nuevos Horizontes” no que estamos a participar, abríusenos a posibilidade de colaborar noutro emprendido polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (C.I.A.M.) xunto coa empresa Calfensa Proyectos S.L..
Este novo proxecto consiste no apoio á produción de Trigo Autóctono, en concreto da variedade Callobre.
Debido ao interese mostrado polo C.I.A.M. e Calfensa en promover a produción de Trigo Callobre no territorio de actuación da Asociación Terras de Lugo, suxerímoslles que sería interesante manter unha xuntanza informativa sobre as características do proxecto cos nosos socios/as e particulares que poden estar dispostos/as a levar adiante o seu cultivo.
É por isto que nos comprace invitarvos a dita reunión, que terá lugar o mércores día 1 de decembro de 2010 ás 17:00 horas, na nosa sede administrativa de Orbazai (Lg. Torre nº1, San Miguel de Orbazai- 27297- Lugo).
Gustaríanos que comunicarades a vosa asistencia antes de este día, ben por correo electrónico ([email protected]) ou ben nos números de teléfono 982.228.922 e 626.014.105 (os que tamén podedes empregar para consultar calquer dúbida).
Agardando a vosa presenza, recibide un cordial saúdo.
(ver máis)
GDR-4 “Asociación Terras de Lugo”
Torre nº1; San Miguel de Orbazai-27297 (Lugo)
Teléfono fixo: 982.22.89.22
Teléfono móbil: 626.01.41.05
Deixa unha resposta