Roteiro das Feiras:

Vilabade – Agustín




Percorrido, aproximado, de 12 km, iremos desde Vilabade pasando por:

Vilalle – Folgueira, O Albardeiro –Vilacote –Riomol – Outeiro de Vellas – Miranda – Agustín



-Saída desde Vilabade ás 9:30 h. -Deixaremos os coches en Vilabade e irá recollernos ao remate o autobús.

-Xantar arredor das 14:00 h. Nota: avisar antes do xoves, 10 de xuño, xantaremos nun restaurante da vila. Avisar no correo electrónico ou no teléfono habitual




Preguntarédesvos polo de roteiro das feiras?, como sabedes hai o proxecto desde, A Asociación Terras de Lugo, de facer un roteiro que pase por todos os lugares que hai ou houbo feiras, polo que sabemos en Castroverde, hóuboa en: Vilabade e Miranda, este é o motivo de escoller este percorrido, para outra ocasión faremos; Vilabade a Gracián, linde co Corgo, pasando por Castroverde. Ese é o motivo destes dous roteiros.

Saúdos.

Manolo Muñiz