Manuel Cordero Pérez e Jordi Solé Tura
Jordi
defendendo as liberdades constitucionais
Mal estaríamos sen constitucionalistas, pois, por mal que as fagan, peor estariamos na anarquía, ou nunha ditadura. Unha constitución, toda constitución, como toda obra humana, e máxime estas, nadas, sempre, dunha tirapuxa entre mentalidades e actitudes coexistentes, é, pode ser, debe ser, mellorable. O que non poden ser é esquecidas, nin elas nin os seus autores.
Daquela, ¿por qué esquecemos, maiormente as mulleres, que aínda non lin a primeira que dedicase un agradecemento escrito ao noso Manuel Cordero Pérez, codefensor con Clara Campoamor, nas Constituíntes de 1931, e á contra dos temores do seu propio partido, que a muller tivese voto, un voto igualitario cos homes? Os cataláns berraban aquilo de ¡Esperta, ferro!, pero aquí non sobraría un, ¡Esperta, Castroverde!
Ambos, o catalán e mais o galego, empezaron de panadeiros; ambos foron parte activa, decisiva, en sendas constitucións. ¿Caben dúas vidas con máis paralaxe? A diferenza vai estar, está, en que os paisanos do actual, calquera que sexa a súa ideoloxía, están honrando a memoria do seu…, ¿e nós? ¡No comment, que dixo o inglés!
Deixa unha resposta