Os días 24, venres, e 25, sábado pasados, a parroquia de Rebordaos celebrou a súa festa patronal, baixo a advocación de San Xurxo. Rebordaos é, sen dúbida, unha das máis madrugadoras nisto de celebrar as festas patronais xa que case todas as parroquias de Castroverde, do mesmo xeito que unha maioría de localidades galegas, fanas coincidir cos meses estivais, os máis visitados polos fillos emigrados, familiares e turistas que retornan para pasar uns gratos días vacacionais.
A parroquia pu
![](https://amigosdopatrimoniodecastroverde.gal/wp-content/uploads/sites/19/2009/04/IMG_0530a-300x2251-300x225.jpg)
![](https://amigosdopatrimoniodecastroverde.gal/wp-content/uploads/sites/19/2009/04/IMG_0516-300x1411-300x141.jpg)
Por suposto, non todos os actos foron profanos. Como xa é tradición centenaria en Galicia tamén se celebraron os correspondentes actos relixiosos, entre os que destacan, ás 13:30 do sábado, a tradicional e solemne Misa Maior en honra do Santo Patrón, seguida de pr
![](https://amigosdopatrimoniodecastroverde.gal/wp-content/uploads/sites/19/2009/04/IMG_0527a-300x2251-300x225.jpg)
Xa na intimidade de familiares e amigos, tódalas casas da parroquia sacaron ese día os mellores manteis e viandas cos que recuperaron forzas para logo queimalas ao son das cancións e bailes até ben entrada as madrugadas. Parabén, e que se repita moitos anos, con saúde para todos.
( vídeo parcial da procesión
Deixa unha resposta