BREVE RESUME DA VISITA DO IV CICLO DO CAMPUS DE LUGO A CASTROVERDE
No domingo, día 15 de marzo, nun fermoso e agradable día, tivemos a honra de acompañar a Asociación do IV Ciclo para visitar Castroverde. Comenzamos camiñando desde o lugar de As Cambas, aldea de Vilar de Cas, parroquia de Moreira, para ir ata Soutomerille. Visitando a Casa de Arriba, o Campo Santo e a Igrexa, dando unhas breves explicacións da situación do Concello e do lugar onde nos encontrabamos, facendo referencia, brevemente, á orixe do topónimo e aos seus monumentos, explicación que non imos repetir aquí.
Seguidamente collemos o autobús na Pallota e subimos ata Castroverde, para facer un breve percorrido pola feira e, visitar a Torre e o núcleo do Castroverde vello. Breve explicación da súa historia,


Logo baixamos ata Bolaño, visitando o castiñeiro de Riazor, dando unha explicación da Cova da Valiña, para facer un percorrido pola aldea, visitando; a ponte, o quisoco da música, as lagas de enlagar o liño, o hórreo, o forno de cocer o cal e a igrexa. Deste xeito finalizam


Foi un día completo e agardamos que tan ilustres visitantes volvan máis veces a nosa terra.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz
Deixa unha resposta