ACTIVIDADE do día 27 de febreiro da Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde no CPI. No día de hoxe tivo lugar o terceiro acto da Actividade nº 4.
Nesta ocasión estivo con nós o grupo “Migallas Teatro” que expuso temas de situacións actuais tratando diversos aspectos, entre eles o da violencia de xénero:
a) Crítica á publicidade, á maneira facela.
b) A crítica ao estilo de vida que levan mozos e mozas de hoxe en día.
c) Crítica ás relacións familiares e interxeracionais
d) Crítica a certo tipo de diversións.
e) Crítica ao machismo, ao clasismo, á TV etc.
f) Crítica ao profesorado, alumnado e á socidade en xeral, polos
prexuizos, que aínda hoxe hai á hora de empregar a lingua galega.
g) Podemos concluír que o cantante a través dunha suposta homenaxe ao Grupo Voces Ceibes, e en realidade que canta, e interpreta, mais constantemente é interrupido, pola protagonista, que fai unha crítica á toda a sociedade en xeral, sen librase, nada, nin niguén; desde a Expo, Olimpiadas, Festivais, colonización dos pobos, ata a crítica aos políticos, á educación da escola e da familia.
Dicir que actividade estivo dirixida a alumnos de: 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, e pensamos que foi de agrado para toda a comunidade escolar.
Castroverde-Lugo, 27 de febreiro de 2008
1 Marzo, 2008 at 10:45 a.m.
This comment has been removed because it linked to malicious content. <a href=’http://www.blogger.com/content.g’>Learn more</a>.