“Homes para igualdade”

ACTIVIDADE do día 14 de febreiro da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde no CPI.


Cu
mprindo coas actividades sinaladas na programación de principios deste ano; entre outras, estaba a posibilidade de desenvolver actividades relacionadas coa violencia de xénero. Para a realización desta actividade neste acto contamos con dous dos homes fundadores da Asociación Homes para igualdade, (RAMÓN TORRENTE GARCÍA e XOSÉ FRANCISCO NEBRIL GARCÍA) creada recentemente.

Impartiron unha “charla-conferencia” no CPI de Castroverde, onde reflexionaron sobre os novos valores que temos que practicar, sen discriminar a muller, para sermos realmente uns homes do século XXI. Para iso amosaron as súas actividades, obxectivos, comparacións, etc, onde nos fixeron reflexionar a todos explicando e amosando imaxes comparativas e un vídeo.

Dámoslles as grazas desde aquí por ternos acompañado nesta andaina. Dicir que cremos que a actividade tivo unha incidencia positiva, e que sería bo seguir traballando con esta idea. Asistiron á actividade os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

A actividade, pensamos que foi ben valorada tanto polo alumnado coma polo profesorado.

Castroverde-Lugo, 14 de febreiro de 2008
Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro