CONVOCATORIA Á ASEMBLEA DE XUNTA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN “AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE”

Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro de 2008 ás 17:00 horas en primeira convocatoria, e ás 17:30 horas en segunda convocatoria, na Casa do Concello Vello de Castroverde, en Travesía de Montecubeiro, nº 38

Coa seguinte orde do día:

I.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

II.- Aprobación das Contas do ano 2007, motivo principal da Xuntanza.

III.- Desenvolvemento das Actividades do ano 2007

IV.- Algunhas modificacións nas actividades de 2008.

V.- Rogos e preguntas.

Asdo.: José Yáñez Basanta Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro

Secretario Presidente

En Lugo-Castroverde, a 1 de febreiro de 2008