Roteiro polas Terras do Courel
Coa participación da Asociación Arcas de Sárria(que farán de guias) e Amigos do Patrimonio de Castroverde

Saída da Praza do Concello de Castroverde ás 8:25 h., pasando polo Camiño Ancho ás 8:30 h. (Prégase puntualidade)

Ás 9:00 h. no Hotel Alfonso IX de Sárria.
Desde aquí sairemos cara o Courel pasando por Samos , Aira Padrón, Gundriz e Meiraos. Intentando ver a igrexa de Meiraos. Despois por Seoane , Castelo de Carvedo iremos á parte alta da Devesa da Rogueira. Tamén podemos facer unha parada no Camping. Como se trata de estrada de montaña, a velocidade non vai ser moita, e podemos ademais facer paradas naqueles puntos ou miradoiros naturais que merezan un alto, coma na Ferreiría e no Val das Mouras en Ferreiría Vella, inicio de pista de Mercurín .

.- O recorrido na Devesa da Rogueira sería ata a Fonte das augas calías e ferrosas, indo desde o Colexio ou desde Moreda, onde está a Aula da Naturaza, ( os que cansen , con pegar volta antes teñen o problema solucionado ). Pode voltarse en bus desde a Área recreativa, na estrada de Visuña, á altura da fonte citada, chamada Fonte do Cervo. O percorrido é dun mínimo de dúas horas e media.

.- O xantar en Seoane, e despois sairemos cara Folgoso do Courel, onde pararemos, e polo Alto do Boi , baixaremos ata Quiroga , facendo visita á vila, e desde alí volta para Sárria, parando antes en Ambasmestas. Para facilitar a organización: Avisar antes do día 25 de outubro, xoves, de 2007, no teléfono ou no correo habituais.

Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.
Asdo.: Manolo Muñiz
Presidente
Castroverde -Lugo-, a 15 de outubro de 2007