Miscelánea
Achegas de
Xosé María Gómez Vilabella
____
Os conxuros forman parte do noso patrimonio, do noso acervo cultural, porque, o que é meigas, bruxas e diaños, ¡haber hainos! As meigas tamén son fillas de Eva, pero non das súas conxungas co Adán, senón daquel axuntamento da avoa coa serpe, ¡que se meteu onde non debía!, que aí estivo o pecado, a infidelidade, e nada de mazás, que as mazás son a mellor froita do mundo. Daquela cómpre esconxuralas, e máxime cando se trata de papar unha boa augardente. A queimada faise para derrete-las meigas, para mandalas ao inferno, e non ao estómago!
Invítovos a copiar este conxuro que reproduzo aquí, que é un dos más eficaces, segundo lle teño oído referir a meu avó, que por algo era albeite:
____
MOUCHOS, CURUXAS, SAPOS E BRUXAS; DEMOS, TRASNOS E DIAÑOS, ESPÍRITUS DAS NEVADAS VEIGAS, CORVOS, PÍNTEGAS E MEIGAS, FEITIZOS DAS MENCIÑEIRAS, PODRES CARNOTAS FURADAS, FOGAR DE VERMES E ALIMAÑAS, LUME DAS SANTAS COMPAÑAS, MAL DE OLLO, NEGROS MEIGALLOS, CHEIRO DOS MORTOS, TRONOS E RAIOS, OUBEO DO CAN DOENTE, PREGÓN DA MORTE, FUCIÑO DO SÁTIRO E PÉ DO COELLO, PECADORA LINGUA DA MALA MULLER CASADA CUN HOME VELLO, AVERNO DE SATÁN E DE BELCEBÚ, LUME DOS CADÁVERES ARDENTES, CORPOS MUTILADOS DOS INDECENTES, PEIDOS DOS INFERNAIS CÚS, MUXIDO DA MAR EMBRAVECIDA, BARRIGA INÚTIL DA MULLER SOLTEIRA, FALAR DOS GATOS QUE ANDAN Á XANEIRA, GUEDELLA PORCA DA CABRA MAL PARIDA,
QUE CON ESTE CONXURO LEVANTAREI AS CHAMAS DESTE LUME QUE ASEMELLA VIR DO INFERNO, E CON ISTO FUXIRÁN AS BRUXAS DACABALO DAS SÚAS ESCOBAS, ÍNDOSE A BAÑAR Á PRAIA DAS AREAS GORDAS.
¡OÍDE, OÍDE OS RUXIDOS DAS QUE NON PODEN DEIXAR DE QUEIMARSE NESTA AUGARDENTE, QUEDANDO ASÍ PURIFICADAS!
CANDO ESTA BREVAXE BAIXE POLAS NOSAS GORXAS, DAQUELA QUEDAREMOS LIBRES DOS MALES DA NOSA IALMA E DE TODO ENCANTAMENT0.
FORZAS DO AR, DA TERRA, DA MAR E DO LUME, A VOS FAGO ESTA CHAMADA:
¡EIQUÍ E AGORA FACEDE QUE OS ESPÍRITUS DOS NOSOS AMIGOS, PARTICULARMENTE ESES QUE ERRAN NA SEMPINTERNA EMIGRACIÓN GALAICA, PARTICIPEN CONNOSCO DE ESTA QUEIMADA, PURIFICADORA DOS CORPOS, PERO TAMÉN DAS IALMAS!
¡Amén!
Deixa unha resposta