Toponimia
O castro verde de Pondal
Xosé María Gómez Vilabella
Co ánimo, ¡coa alma!, aínda impregnada pola efeméride da Irmandade dos Castroverdes da Ibérica, ata non sei se será pecado descender ao lector aos castros simples, por verdes ou verdecentes que sexan, ou parezan, pero, tratándose de Pondal…, ¡igual me indultades!
(Eduardo González-Pondal Abente naceu en Ponteceso o 8 de abril do ano 1.835, e foise a do moran as Musas, séxase, ao Olimpo, desde esta Coruña, o 8 de marzo de 1.917)
Estase referindo aos seus pinos, que niso gañámoslle pois as árbores do noso Castro Verde son carballos e castiñeiros, amén dalgún que outro bidueiro. O seu labrego, que tratándose da Ponteceso, na mesma desembocadura do río Anllóns, sería máis ben un labrego – mariñeiro, marabillábase:
O bóo bergantiñan,
Co´aguillada o lombo,
E garboso ademán;
Q´a Ponte-Ceso leva,
En noite de luar,
Grave o carro de táboas,
Anteposto quezáis;
Por cousas que n´esprica,
D´un fondo e vago afan;
Mil escuras suidades,
Ceibando ós ecos vai;
E da pátria a pungente servidume,
Parece recordar.
Ben´os mira ó pasar;
Q´en masa escura e informe,
Ajuntados están,
E na nativa costa,
Os escuita fungar;
Parécelle que soan,
Intrépido compás,
Cuida que do combate,
Murmuran o siñal;
En escuadron formados,
Cal gente de Breogán,
En falange de ferro ben tecida,
Que s´aprest´a luitar.
…/…
Para recoñecer a bondade do que temos, a grandeza natural do noso paraíso, é mester viaxar, viaxar e coñecer…, ¡para despois comparar!
Deixa unha resposta