Breve resume do roteiro de As igrexas románicas, castros, muíños e mazos

Sábado, 21 de abril de 2007

Nunha mañá fermosa desta primavera, a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, xunto coa Asociación Arcas de Sarria, fixemos o percorrido, do que vimos denominando como roteiro de; As igrexas románicas, castros, muíños e mazos.

Igrexas teñen aínda en pé todos os lugares. Dicir que comezamos camiñando desde o Camiño Ancho, e as explicacións tiveron o seu comezo, na parroquia de Espasande, onde D. Jaime Delgado, a quen lle dámos sinceramente as grazas desde aquí, por ternos acompañado. Explicounos permenorizadamente o románico nesta igrexa, todos os seus elementos carcterísticos, que xunto coa de Uriz, son as que mellor conservan os trazos orixinais deste estilo. Logo continuamos camiño de Goi onde visitamos o castro, coas seus enterramentos antropomórficos que se remontan arredor do ano novecentos. Este Castro ten unha fermosa vista deste val. Desde aquí baixamos facer unha breve visita ao muíño de Goi, vimos ao de lonxe os mazos de Goi, en situación ruinosa un, e outro que só quedan restos de pedras. Dicir que aquí o río ten unha fermosa ribeira.

Subimos a Tórdea, a súa igrexa, en palabras de D. Jaime, é un minimuseo, estando totalmente de acordo, salientariamos as tres épocas que ten: Prerrománica, pola súa fiestra ou ventá “lobulada”, Románica, fiestra similar ás de Espasande, Uriz, Cellán ou a Pumarega, e a última época Barroca, do mil setecentos e pico, que foi a súa última reforma, tal como se conserva hoxe. Pero é un minimuseo, porque á parte do sinalado, ten outros sinais na portas e paredes. Faltaría por salientar aínda, as súas pinturas de arredor do ano mil cincocentos.

Saíndo de Tórdea, camiño de Uriz, visitamos o muíño que temos entre un camiño e estrada, en total abandono. En Uriz completamos as explicacións do románico, porque esta igrexa, conserva a cúpula do presbiterio, pero aquí temos unha xoia única, unha pía bautismal “visigótica” única ou case única, segundo o especialista.

Finalmente no percorrido da mañá visitamos a igrexa e pazo de Cellán, coas características xa aludidas, onde, seica D. Jaime propuxo “dar un berro ben grande que se oíse en todo o Concello de Castroverde”, por estar aquilo na situación en que se encontra, estando aínda recuperable. Diciamos seica dixo D. Jaime, porque outro grupo viñemos camiñando desde Uriz a Cellán pola zona de Sucastro. Aquí rematamos, vendo desde fóra, a fachada do pazo de Cellán. Faltándonos por ver na zona: castros, a igrexa, a casa grande de Pumarega, e a capela de Faxilde, no medio dos toxos, que xa poucos saben dela.

Pola tarde, continuamos o percorrido pola zona entre Cellán de Mosteiro, O Vilar, Cellán de Calvos e volta a Cellán de Mosteiro. Salientar aquí as fermonsas carballeiras, soutos milenarios e muíño abandonado baixando de Cellán de Calvos. Dicir que desde que andamos cos percorridos, vemos como se devastan as nosas carballeiras. Nesta zona, temos que dicir, que é a cuarta ou quinta carballeira que caeron nestes últimos anos.

Dar as grazas, desde aquí, aos Srs. Curas das parroquias, por ternos facilitado a visita e ao Sr. propietario do muíño de Goi, grazas tamén aos da Asoc. Arcas por ternos acompañado neste fermoso día, e especialmente a D. Xaime.

Un saúdo.
Manuel Muñiz
Presidente

Coa colaboración do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, do Concello de Castroverde e da Consellería de Cultura e Deporte.