Breve resume da viaxe do 3 e 4 de abril da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde polas cidades de Santiago e Pontevedra.

Como tiñamos previsto, o día 3, martes, visitamos en primeiro lugar, o Parlamento, salientando o Salón de Plenos, a Sala das Letras Galegas, as diferentes salas dos Grupos Parlamentarios, Biblioteca, e o Salón de recepcións Oficiais, temos que salientar á parte da importancia Institucional do edificio, o fondo que posúe de pinacoteca. En segundo lugar, visitamos O Museo do Pobo Galego, salientar aquí a sala, que estreou hai pouco o Museo, sala de contido social. Logo visitamos a igrexa se Santos Domingos de Bonaval e o Panteón de Galegos Ilustres. Felicitamos desde aquí, e agradecemos as excelentes explicacións de Enrique (Guia do Museo). Pola tarde visitamos as Cubertas da Catedral, lugar desde onde temos unhas fermosas vistas da Cidade de Santiago, da propia Catedral e de todos os edificios que a rodean e das súas prazas. Tamén agradecemos a Luz, a persoa que nos acompañou na vista, polas súas explicacións. Rematadas as visitas deste día, antes de chegar a Portonovo, lugar onde pernoctmos, aínda tivemos ocasión de visitar unha das adegas da ruta do viño, onde degustamos un barrantes.

O mércores, día 4, visitamos á primeira hora o Xardín Botánico de Lourizán, onde igual que nos pasara na finca de Ortigueira, puidemos disfrutar dunha enorme variedade de especies arboreas, nunha finca de 52 hectáreas. Aquí contamos coas excelentes explicacións de María Xosé, que coñecía a algúns relacionados coa Asociación. Fomos agasallados co libro A natureza galega, animounos a facer o catálogo das árbores senlleiras de Castroverde. Seguidamente, breve visita a Combarro, e pola tarde visitamos a Cidade de Pontevedra; ruínas de Santo Domingos, igrexa da Peregrina, igrexa de San Francisco e finalmente o Museo de Pontevedra. Coas súas salas do Paleolítico, época castrexa…, salas relacionadas co mar; ponte de mando, cámara da fragata Numancia, e finalmente a sala dos debuxos de Castelao. Acompañounos nesta visita, Sabela, a quen dámos as grazas desde aquí.


Coa colaboración do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, do Concello de Castroverde e da Consellería de Cultura e Deporte.