Lugo, 16 de marzo de 2007
Daniel do Pando da Fonsagrada que abriu e pechou o acto. Interpretando dúas pezas da súa terra, co instrumento coñecido como a trompa da Fonsagrada, para uns, para outros, como birimbao. As pezas interpretadas foron: unha xota de Burón e unha muiñeira de Grandas.
Ignacio Rodríguez Eguíbar,
(Xerente do Plan Xacobeo), que nos expuxo, a importancia que tiñan os Camiños de Santiago, e o que percorrían algunhas persoas para informarse, e patear os diferentes Camiños; todo isto, porque acababa de chegar dunha viaxe por zonas de EEUU; anunciou boas novas para o Concello de Castroverde, alegrámonos e dámoslle as grazas.
A seguir interviu, Carlos Vázquez, (xornalista) , que nos fixo unha boa exposición de algo que había nas feiras, os ferreiros, como neto que é de ferreiro, con referencias ao mazo de Goi, guiado polas lembranzas de seu avó, que ía as diferentes feiras dos arredores.
Logo interviu o autor cunhas amplas referencias, podemos dicir, á feira mundial; pero sen deixar de ollar a nosa feira de Castroverde, o Camiño Primitivo, e lembrando finalmente o agradecemento aos nosos antepasados, en palabras, da nosa paisana Enriqueta Otero.
Dámoslles as grazas a todos os intervenientes, e tamén grazas a Jesús Pérez Regueiro, da galería Sargadelos, por ternos acollido tan ben. Dicir que Jesús, ten as raíces, por parte paterna, en Castroverde.
Saúdos e saúde.
Manolo Muñiz
Presidente da Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
Deixa unha resposta