En primeiro lugar que para rexistrarse no libro de socios debedes enviar todos os vosos datos: Dicindo de onde sodes ou o tipo de vinculación que tedes ou desexades ter coa Asociación e a seguir;
Nome, apelidos, DNI endrezo, teléfono, (fixo e móbil), correo electrónico ao Secretario da Asociación
, loxicamente, isto para os que non teñamos datos vosos, porque os que asististes á última reunión xa os temos. (Todo isto vale igualmente para os que queirades que se fagan socios)En segundo lugar, que se vén de abrir unha conta bancaria na ofician de Caixa Galicia en Castroverde. Todos aqueles que vos queirades facer socios ou facer a amigos ou coñecidos vosos, deben cubrir o modelo de orde de pago que se adxunta no documento, e a continuación remitirllo asinado cos datos cubertos á entidade de Caixa Galicia en Castroverde.
Deixa unha resposta