Miscelánea

A Neta de Scheherazade,

ou,

O prezo dunha lección, que iso de estudar por libre é carísimo.

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella

Pode, pode parecer un conto, que non digo que non, pois aos de Castroverde pasáronos tantas, tantas e tan variadas, de tanto mundo que levamos percorrido, e logo que a xuventude de hoxe en día é tan descrida, que calquera os convence de que a presente é tan só unha delas, ¡unha de tantas aventuras que nos pasaron, particularmente aos desertores do arado, afeitos como estabamos ás rutinas, sinxelas e tranquilas, das nosas labranzas! A presente refírese a unha viaxe que fixen a Baiona, a onde me mandaron para pulsa-lo ambiente e facer un estudio económico a ver se sería oportuno establecer alí unha Sucursal Bancaria, naqueles tempos en que a competencia parecía aconsellar expandirse, e máxime polas vilas costeiras, entón en plena efervescencia, que hoxe, nelas, saturadas como están, de todo, o único efervescente son as mexadas dos bañistas que as visitan.

Como a cousa do Banco foi meramente rutineira, e despacheina con catro entrevistas, que xa as levaba concertadas, aquí falarei da outra incidencia, séxase, dun incidente colateral subseguinte que me pasou daquela, que se isto non é digno de contarse, nada o é. Entón, pasade e vede…, ¡se facelo ousades! Pero non vos escandalicedes, e tede piedade de min, que aventuras destas, neste país das bruxas, pódenlle ocorrer ao máis precavido, que a vida está chea de contratempos e de sorpresas.

…….

(dada a longa extensión do relato soamente incluimos a introducción do mesmo. O texto enteiro pódese atopar puxando riba daquí)