A CASA-MUSEO MANUEL MARÍA PROXECTA ESTE SÁBADO, APÓS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, “TECIDO RESISTENTE”, DE MARINA CHIAVEGATTO

Estesábado día 9 de marzo, ás 20 hrs, após a xornada reivindicativa do Día internacional da muller, a Casa-Museo Manuel María proxecta Tecido Resistente, un documentario de Marina Chiavegatto que foi o gañador, en 2018, do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña.

O documental recupera a historia dos centos de mulleres que protagonizaron “unha silenciosa revolución” na vila de Présaras (Vilasantar) nos primeiros anos do século XX e que mudaron a economía e a organización social de toda unha comarca. É un relato sobre o empoderamento e o feminismo. Trailer: https://vimeo.com/289877887

Tras a proxección de Tecido Resistente, de 40 minutos de duración, haberá un coloquio coa súa directora, Marina Chiavegatto.

A entrada para ver o documental é libre até encher o aforo e pode reservarse o billete de entrada en contacto ou chamando ao tel. 698177621.