BREVE RESUMO ROTEIRO POLA VÍA XIX e ASEMBLEA

Sábado, 12 de xaneiro 2019

Nunha mañá algo fresca, aínda que luminosa achégamonos a Furís de Arriba para comenzar o roteiro na Vía XIX e baixar ata preto dos muíños do Castelo e croa de Furís, pasando por Furís de Abaixo e pola agra do Zopón, por medio de carballeiras achegámonos a Lourentín, último lugar da parroquia de Furís, desde aquí a Mirandela, onde son de salientar; a acea ou muíño de Macías, a casa dos Montenegro e, a escola e praza remodeladas recentemente dando ao lugar certo encanto. De Mirandela a Miranda onde destacaremos o pazo de Manguitas e lembramos a Enriqueta Otero cun texto de Ricardo Polín, onde recolle os aspectos máis salientables desta ilustre muller, aínda que incomprendida e mal tratada por veciños e alleos. De Miranda a Tórdea. Comentar que todas estas parroquias teñen uns vales ben fermosos regados polos regos que veñen de Furís e de Agustín. En Tórdea visita ao carballo, antigo miliario, restaurado recentemente, parabéns aos que tiveron a iniciativa, para rematar coa visita á fermosa igrexa. Con estas breves visitas rematou a mañá.

Pola tarde asemblea para aprobación de acta da sesión anterior, lectura de contas e actividades do 2018 e propostas para o 2019. Renovación da xunta directiva 2019-20023 que ao non haber outra candidatura quedando formada do seguinte xeito:

-Presidente: MANUEL MUÑIZ BESTEIRO

Vicepresidenta: ANA ARIAS CORDERO

-Secretario: ANTONIO V. FIGUEROA PAZ

-Vicesecretario: JOSÉ YÁÑEZ BASANTA

-Tesoureira: MARINA SEIJAS CARBALLEDO

Vogais:

-PABLO CASTEDO LENCE

-ADOLFO MARÍN LÓPEZ

-ENRIQUE GONZÁLEZ RIOBÓ

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio

A 12 de xaneiro de 2019