Bo día:
Comprácenos convidarvos á xornada Feireando 2013. Este venres 27 de decembro ás 19:00 horas, no local sociocultural de Zolle, concello de Guntín de Pallares. Presentaremos as novidades e os avances do proxecto A Ruta das Feiras neste ano 2013. Tras a exposición dos traballos poderemos desfrutar dun espectáculo do mago David Méndez. Como remate, poderemos cear no Mesón de Pallares, en Guntín.
Se desexas quedar a cear, deberás comunicalo ao equipo técnico da Asociación Terras de Lugo por teléfono ou correo electrónico. O prezo do menú todavía está por definir.
Agardámos que resulte do voso interese.
Local sociocultural de Zolle
Mesón de Pallares
Un saúdo.
Asociación Terras de Lugo
Correo-e: [email protected]
Torre nº1, San Miguel de Orbazai-27297 (Lugo)
Teléfono fixo: 982.22.89.22
Teléfono móbil: 626.01.41.05
O ACTO:
Onte pola tarde – noite asistimos, algúns da Asoc. Amigos do Patrimonio, ao derradeiro acto deste ano, Feireando 2013 da Asoc. Terras de Lugo. Á parte do que di o xornal El Progreso, eu salientaría as palabras de Álvaro Santos, presidente de Terras de Lugo, que á parte de agradecer o traballo de Antonio e Pablo (traballadores da Asoc.), agradeceu a posta en marcha do GDR 4 e Terras de Lugo a Mario Outeiro o seu antecesor, e a varios dos que formamos parte da Xunta Directiva de Terras de Lugo.
Comentar, que saibades que a nosa querida Xunta de Galicia, ( non acumulou para o programa, é dicir, non puxo a parte que lle correspondía cofinanciar xunto co Estado e Europa, pero os cartos tiñan que telos…. ), isto vai crear unhas dificultades moi, pero que moi severas e, o peor é que proxectos que estaban agardando por axudas van quedar sen elas, postos de traballo que se poderían crear, quedarán sen posibilidades de poder crearse. Onde van eses euros? a resposta teríanola que dar AGADER – A Xunta de Galicia….
En fin, eu pregúntome que podemos facer nesta cuestión como en tantas outras? Cadaquén que tire e aplique as súas conclusións.
FOTOGRAFÍAS DO ACTO:
Deixa unha resposta