O vindeiro 5 de maio, sábado, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María programamos "Que comerá o rei?", co actor Cándido Pazó.
Trátase dunha sesión de historias e contos inspirados en textos e debuxos de Castelao. Pazó, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista e político galego.
O prezo do billete para poder presenciar este espectáculo é de 5 euros e pode reservarse escribindo a contacto ou chamando ao 698177621
Saúdos. Casa-Museo Manuel María
Deixa unha resposta