MES DE OUTUBRO
Roteiro ROGELIO REIGOSA contra a apatía
Sábado, 21 de outubro, de 2017
– Ás 9:30 h., saída de Castro Verde.
– Ás 10:00 h., chegada ao Vitureiro (Monte Cubeiro).
– Ás 10’15 h., percorrido cultural polo núcleo do Albaredo seguindo as pegadas de don Rogelio Reigosa.
– Ás 11’15 h., marcha pola beira do río Chamoso seguindo a antiga calzada deica o Muíño do Rial e o núcleo medieval de San Martiño de Bolaño.
– Ás 13 h., paseo cultural por Santa Baia de Bolaño, con notas literarias de Rogelio Reigosa.
– Ás 14 h., xantar en Castro Verde.
– Ás 17 h. (de camiño a Lugo), paseo cultural pola parroquia de Santa María de Monte na lembranza do cronista castroverdense. Ofrenda na súa sepultura.
(* Visitas guiadas por Ricardo Polín, autor da obra “Castro Verde nas crónicas de Rogelio Reigosa”).
Avisar, antes do día 15 de outubro para organizarmos o xantar e traslado dos participantes en autobús, no nº 659 523060 ou no correo electrónico: amigospatrimoniodecastroverde
Saúdos.
Manolo
Deixa unha resposta