BREVE RESUMO – RESTAURACIÓN E COLOCACIÓN DO CRUCEIRO DO SANTO CRISTO DE AS CAVOZAS – MONTE CUBEIRO

Hoxe, día 1 de outubro, ás 12:00 h. da mañá inauguramos a restauración e colocación do Santo Cristo de As Cavozas.

Asistiron unhas 36 persoas entre socios da Asociación e veciños de Monte Cubeiro.

Un proceso de recupeación que comenzou hai uns anos e que por fin este ano coa colaboración do estudo que se fixo cando estaba de Deputado de Cultura, na Deputación de Lugo, Mario Outeiro (BNG) e por medio do museo, se realizou un informe.

Posteriormente despois de pedir axuda ao concello, este ano aceptou colaborar na restauración.

Grazas ás Institucións, polo estudo e axuda na restauración, aos socios, veciños… e sobre todo ao Sr. Queipo da casa de As Cavozas e ao restaurdor do cruceiro, Pablo Otero da parroquia de Tórdea

.

Palabras de socios que non puideron asistir:

-Ben que vos agradezo o que fixestes pola repo

sición do cruceiro. Para min ten un dobre significado pois alí detíñanse os enterros para subir a San Cibrao desde a parte baixa (Noroeste) da parroquia. Sinto ben estar limitado, e non podo colaborar en presencia.

Unha aperta para esa entrañable Asociación, á que tanto me honra pertencer.

Xosé María Gómez Vilabella (socio de Honor e veciño de Berlán – Monte Cubeiro)

-Recibín noticia do cruceiro despezado. Unha alegría pola restauración e polo enriquecemento do patrimonio que estades levando a cabo. Unha aperta. José Luis Diaz-Castroverde.(socio e veciño que foi de Castro Verde)

Intervimos tamén, Ricardo G. Polín e un servidor e.

Saúde, Terra e Lingua

Manolo Muñiz