Breve resumo Percorrido por Castro Verde
do Clube Valle-Inclán (Lugo) e a Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde
Neste sábado, día 12 de novembro, chuvioso, mais cálido en canto á temperatura, realizamos o percorrido previsto, partindo do castiñeiro do Neto ata Soutomerille, onde visitamos o devandito castiñeiro, croa, asentos dos mouros, casa Torre de Arriba, cemiterio, castiñeiro da corredoira, casa de Abaixo e igrexa de Soutomerille, a seguir; visita ao castiñeiro que caera ao pé da igrexa de Soutomerille na primavera de 2015 e colocado na primavera de2016, ao pé do albergue de peregrinos de Castro Verde, onde esta semana foi colocada unha placa, coa seguinte lenda:
"Este castiñeiro vello da igrexa de Soutomerille caeu rendido en 2015, vítima da tiranía humana. Camiñante: para que esta derrota axude a salvar o meu reino, pasa por Soutomerille, no primeiro Camiño".
"This old chestnut tree at the Soutomerille church fell in 2015, a victim of human tyranny. Pilgrim: in order for this defeat to help me save my realm, pass through Soutomerille, on the Primitive Road".
Logo de inaugurada a devandita placa, visita, aos pendellos da feira, carballeira e mirador do monte da Lomba, aínda que por mor do día non se devisaba, practicamente nada.
Pola tarde. Visita ao burgo vello e Torre da Fortaleza de Castro Verde.
Visita a Bolaño: quiosco da música, lagas, hórreo, forno de cocer o cal e para rematar visita á igrexa de Vilabade.
Toda as vistas foron acompañadas de explicacións dos socios; Felipe Arias Vilas e Ricardo Polín aos que agradecemos a súa colaboración.
Para rematar a xornada proba das castañas no magosto organizado polo concello, coa colaboración de varias asociacións.
Saúde, Terra e Lingua
Deixa unha resposta