REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Mañá xoves, día 4 de novembro, ás 17:00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo a inauguración de SAÚDE E TERRA, IRMÁ(N)S!, mostra que conmemora o centenario da fundación das Irmandades da Fala. Este acto contará coa presenza de D. Darío Campos Conde, presidente da Deputación Provincial de Lugo; de Dna. Pilar García Porto, deputada de Cultura Patrimonio Histórico Artístico, Deseño e Artesanía; de Dna. Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña; de D. Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; de D. José Manuel González Reboredo, presidente da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e D. Miguel Fernández Méndez, tenente de Alcade do Concello de Lugo.
A entrada a este acto é pública.
Lugo, 3 de novembro de 2016
Deixa unha resposta