REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 Fax: 982 240 240 difusion /www.museolugo.org

NOTA INFORMATIVA

Dentro das actividade organizadas pola Rede Museística da Deputación de Lugo con motivo do Ano de Castelao, o vindeiro mércores, día 2 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, a presentación de Os vellos non deben de namorarse, a cargo de Fantoches Baj, Compañía Galega de Comedias. Dirixida por Inacio Vilariño, trátase dunha adaptación con marionetas da obra de Castelao e a entrada á mesma é gratuita, se ben as prazas son limitadas ata completar o aforo.

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE por Fantoches Baj

Desde a súa estrea no teatro Mayo de Buenos Aires no 1941, data da que se cumpren 75 anos no 2016, Os vellos non deben de namorarse foise afirmando como unha obra referencial da nosa cultura, tanto como peza literaria de obrigada lectura como texto de múltiples e variadas propostas escénicas. Se ben é verdade que a súa montaxe é habitual en Galicia con incontables escenificacións no ámbito do teatro escolar e afeccionado, con todas as limitacións que iso implica; tamén o é que as últimas montaxes do teatro profesional (Teatro do Morcego, o CDG, centro Dramático Nacional) foron feitas hai xa máis dunha década, polo que hai xa moito potencial público que nunca tivo acceso a unha produción profesional da obra de Castelao.

Lugo, 28 de outubro de 2016