BREVE RESUMO IV FESTA DA AFIRMACIÓN e DIGNIDADE

Hoxe, día 2 de outono, tivo lugar a IV Festa da Afirmación e Dignidade, nun fermoso e luminoso día entregábanselle as “Mans de Irimia” a Xosé Caho Rego, a título póstumo e, ao noso amigo e socio Ricardo Polín.

O acto comezou coa lectura do Manifesto onde foron intervindo diversas persoas para dar lectura aos 16 puntos, a seguir leron os seus comunicados:

– A Irmandade Manuel María (David Otero e Mini)

– Manifesto de ADEGA (Curra)

– Comunicado dos presos independentistas galegos ( José Luís)

– Reivindicación do Día das Letras para Avelino Díaz (Representante da Asoc.)

Entrega das “Mans de Irimia” á viúva de Xosé Chao Rego e seguidamente a Ricardo que realizou, un repaso polo amor aos seus, a súa terra e especialmente a súa nai, facéndolle unha louvanza total, dicindo que el é o que lle deu súa nai, facendo unha referencia a Galliza/Galicia, a toponimia,aos ríos, con referencia tamén a Pepe Chao Rego. Exaltación da natureza, das árbores, os camiños, dos regos, ríos, fontes, etc. etc. Rematando con referencia a quen máis quixo, ofertando unha pedra na súa lembranza. (Ver/ escoitar as súa palabras en: https://www.facebook.com/amigospatrimoniocastroverde/

Pola tarde, na Praza do Convento de Meira intervención de:

– O Gaiteiro Raúl Galego.

– Banda Municipal de Música de Meira.

– Pandereteiras Nove Ferreñas de Meira.

– As Gaiteiras do Berce.

– Intervención de Alfonso Blanco de Xermolos.

– Miro Casabella.

– Mini e Mero.

– Tino Baz coa súa potente voz, rematando coa interpretación de:”A praza

liberada” coa axuda de Raúl, Mini, Mero, Miro, Quintas Canellas.

Rematando coa interpretación do Himno Galego.

Saúde, Terra e Lingua, a día 2 de outono de 2016